Este ano, o Festival Internacional de Clown de Galicia fixo unha aposta arriscada por un menú de formación integral que quería atender á demanda real existente no noso país no tocante á formación profesional ou afeccionada de clown, ofrecendo a posibilidade a alumnos e alumnas de formarse cos mestres representativos a nivel internacional dentro da vertente teatral do Clown: Jango Edwards ( Italia), Eric de Bont ( Holanda), Loco Brusca ( Arxentina), Pallapupas ( Catalunya), Nanny Cogorno ( Arxentina), Jöns Pappila ( Suecia), Marcelo González ( Arxentina).A proposta tivo unha acollida moi positiva, superando todas as expectativas. Todos os cursos, sen excepción, cubriron as prazas ofertadas e na maioría moitas das solicitudes formaron dilatadas listas de espera, convertendo así ao Festiclown na meirande Plataforma para o clown da península.

Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario