
| YLLANA representou os seus espectáculos por todo o territorio español e de momento noutros 27 paises: Portugal, Francia, Grecia, Gran Bretaña, Holanda, Bélxica, Suiza, Italia, Alemaña, Austria, Eslovaquia, Turquía, Xordania, Singapur, Canadá, Mozambique, Brasil, Dinamarca, Arxentina, Xeorxia, Costa Rica, Guatemala, O Salvador, Colombia e Xapón. Nestes paises destaca a participación en festivais de gran prestixio como: Fringe Festival de Edimburgo(Escocia), Festival Internacional de Teatro de Estambul (Turquía), Festival das Artes de Singapur, Festival Juste Por Rire de Montreal (Canadá), Festival de Été de Quebec (Canadá), Festival de Manizales (Colombia), Festival de Teatro Europeo de Grenoble (Francia), Festival de Mimos de Perigeux (Francia) e un mes no Teatro Lola Membrives de Buenos Aires (Arxentina). | ![]() |
| En xullo de 1996 PRODUCCIONES YLLANA comeza a xestionar o Teatro Alfil de Madrid pasando a converter este teatro nun centro de producción e coproducción de montaxes teatrais e especializar a programación en teatro cómico en tódalas súas variantes. | |
![]() |
Aparte da actividad teatral PRODUCCIONES YLLANA creou numerosos sketches que se emitiron en diversos programas de televisión en España, Canadá, Suiza, Alemaña, Portugal e Gran Bretaña, e varios spots publicitarios para televisión en España. |
Dende 1995 PRODUCCIONES YLLANA organiza o Festival Internacional de Humor de Madrid que conta co apoio da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Comunidade de Madrid.
Para máis información consultar a páxina: http://www.yllana.com
