
Xoves 19 de Xullo pola tardiña: 1ª sospresaPallapupas no Hospital Provincial de Pontevedra
| Era a primeira vez que un Festival tiña como un dos seus escenarios o hospital. As encargadas de sorprendear aos nenos ingresados na sección de pediatría do Hospital Povincial foron a "doutora agujeta" e a "doutora anatomía" do grupo "Pallapupas". Facer chistes, pintar ou cantar con un plátano foron as medicinas que lles receitaron aos cativos e cativas. Desde neonatos ata escolares todos e todas desfrutaron dunha sesión de risoterapia. |
![]() |
Venres 20 de Xullo ás 21.30h no Concello: 2ª sorpresa
Leo Bassi deu un mitin
A xente estaba chamada a asistir ao Concello ás 21.00h. Alí a cidade perdeu definitivamente a cordura.
Leo Bassi converteuse en político por un día. Subiu ao Balcón do concello para ofrecer un mitin ante a mirada expectante e atenta da xente congregada diante da casa consistorial.
![]() |
A modo de líder político, prantouse ante o público e ansioso comezou a berrar. Do seu interior fluiu un discurso anarquista e antiglobalización. Por uns intres alzouse como liberador da institución. Unha tropa de pallasos que o acompañaba colocaron un nariz vermello no centro da Balconada do edificio, o Concello convertíase así nun Clown máis. Despois, os axudantes de Bassi tiraron polas ventás follas de papel que simulaban ser os expedientes e informes do arquivo municipal, Pontevedra foi libre por un día gracias a Leo Bassi. |
Sábado 21 de Xullo á 1.15h da Madrugada: Sorpresa final
Clown-Sesion na festa final
| Clowns enriba do escenario sen unha idea prefixada do que ían representar foron a terceira e última sospresa. Alumnos e artistas, de maneira improvisada, fixeron rir a xente que chegara á praza do Teucro arrastrados polo lume e os tambores dos Correfocs. |
![]() |