De novo dirixímonos a vós para presentarvos o proxecto Festiclown, nesta
Edición 2001, que sae á rúa e ós teatros de Galicia
durante os días 16 ó 22 de xullo do 2001 para impulsa-la creación profesional
e afeccionada do teatro de Clown no noso país.
Por iso invitámosvos a participar, unha vez máis, dos espectáculos,
cursos, e incluso do Certame, que constitúen o corpo fundamental deste
Festival Internacional de Clown de Galicia.