Como resultado dunha serie de cursos de formación impartidos por Good Idea Company durante o Festiclown 2000 xurdíu a idea de realizar unha producción propia, na que os actores son os propios alumnos deses cursos.

Esta producción servirá para promocionar o Festival por tódalas cidades e vilas galegas.


A Compañía ten como nome: "Os Sete Magnificos Máis Un"
A obra: Cousas de Mulleres.
Dirixidos por: Good Idea Company.
Actuacións: Pre-estrea 3 de xuño en Pontevedra
(Teatro Principal)
15 de xuño, Lugo, Sala Clavi,24.00
23 de xuño, Ourense, Ateneo, 20.00
24 de xuño, Vigo, Auditorio Caixa Nova, 21.00
25 de xuño, Santiago, Don Bosco, 20.30
30 de xuño, A Coruña, Forum,21.30
6 de xullo, Narón, Auditorio, 21.00

Os Sete Magníficos Máis Un é unha compañía improvisada, circunstancial, quizais incluso non exista. Provintes do teatro amateur, da televisión, da casa, do teatro profesional, do cabaret, e de moitos lugares máis, un grupo de especialistas da risa, confluiron baixo a chamada do FestiClown para levar a cabo a imprescindible misión de rescata-lo Clown en Galicia. Posiblemente desaparecerán na noite, entre a brétema miñá, unha vez conseguido o seu obxectivo (de aquí a vinte ou trinta anos...).

Cousas de Mulleres e unha loucura permanente na que esta panda de camicaces do nariz tíranse en caida libre sen paracaídas, para demostrarlle ó mundo que aínda hai que traballar moito na defensa da muller e sobre todo aprendermos a rir de nós mesmos.

Good Idea Company dirixe esta obra, segundo os seus principios (ou finais) de inxenuidade, ridículo e dignidade clown, este par de dous (tal e como os denominaría o famoso crítico de Brodway Tom Ate) forman parte dun proxecto global no que o teatro e a risa están ó servicio da xenté na procura dun mundo mellor.

FestiClown é unha nave de piratas e náufragos que busca construir unha colonia do nariz vermello en terras galegas, porque estamos seguros que este país está cheo de pallasos con nariz e sen ela, e xa vai sendo hora de que saian da lacena, para rir do poder establecido e do ridículo desta sociedade.