Martes, 17 de xulio do 2001 Diario de Pontevedra

"Os Sete Magníficos máis un" poñen a andar o Festiclown en Pontevedra
"Cousas de mulleres" foi a obra que puido verse onte no Teatro Principal dentro do Certame Galego de Clown

¿Sabían que os "Magníficos" agora non son sete? Son oito. En realidade, son "Os Sete Magníficos máis un" ¿Non o cren? Pois é así. O que pasa é que estas cousas só poden pasar estes días en Pontevedra ¿Por que? Pois porque onte botou a andar o Festiclown, o Festival Internacional de Clown de Galicia.

"Cousas de mulleres" foi a montaxe que resultpu dos cursos de clown que se celebraron en Pontevedra durante a pasada temporada. Os encargados de dar aquelas clases foron os compoñentes de "Good Idea Company". Eles mesmos tamén participan na represenatación desta obra tan particular que estivo de xira por Galicia para promocionar o Festiclown, o festival de clown que durante toda a semana se celebra na cidade. Neste marco foi onde concluíron as postas en escena de "Cousas de Mulleres".

A compañía que se formou para levar a cabo a xira teatral bautizouse como "Os Sete Magníficos máis un" e o codirector da obra é o director do Fescticlown, Iván Prado. Se pola mañá Prado pasaba polo Principal para presentar as actividades do Festival acompañado dunha das estrelas combidadas do evento, Eric de Bont, e o conceleiro de Cultura, Luís Bará, pola tarde, xa máis na súa salsa, falaba nervoso de representación de "Cousas de Mulleres". "É un experimento saído dos cursos de clown que tiveron lugar nos últimos meses en Pontevedra. Os que daquela foron alumnos, agora son protagonistas deste epectáculo", comenta o codirector da posta en escena. "A realización da obra é todo un reto, lanzámonos sen paracaidas para tratar un tema dos máis maniados, o da muller, que segue a protagonizar campañas desvirtuadas e cousas semellantes, sendo un tema no que aínda queda moito por facer", explica. O codirector do espectáculo fala emocionado do que é "Cousas de mulleres" e do éxito que tivo durante a xira que realizou por toda Galicia. "É unha obra orixinal que fala sobre o tema da muller na actualidade sen que apenas aparezcan mulleres, xogando sen parar co absurdo, e cun final apoteósico", conclúe Pardo.
A obra de teatro foi a peza que inaugurou o Certame Galego de Clown que se celebrará ata o xoves no Tetaro Principal, tódolos días, ás oito da tarde.




Primeira representación do Certeme Galego de Clown no Teatro Principal
 
Non foi esta a única actividade que se puido disfrutar na xornada inaugural do Festiclown. Ás dez da mañá deu comezo o curso de iniciación ó clown que imparte Néstor Muzo no Pazo da Cultura. Dúas horas máis tarde, no Teatro Principal procedíase á inauguración oficial do Festival. Ó mediodía as rúas do casco vello enchéronse de pallasos e mimos que converteron a hora prévia ó xantra do pontevedreses en todo un "Desclowntrol". Ás catro de tade continuou no Pazo o curso inciado pola mañá e á mesma hora inaugurouse o de clown para profesionais que imparte Eric de Bont.
Unha semana de "desclowntrol"

¿Qué é o Festiclown? O Festival Internacional de Clown que se celebra en Pontevedra. Vale. Pero non só iso. O Festiclown "é unha nave de piratas e naufragos que busca construir unha colonia co nariz vermello en terras galegas, porque estamos seguros de que este país está cheo de pallasos con nariz e sen ela, e xa vai sendo hora de que saian do armario, para rirmos do poder establecido e do ridículo desta sociedade". Con estas palabras se presenta no folleto da programación, o Festiclown. No mesmo papel se explica como toda a recaudación do festival se destinará este ano á construcción dunha escola na selva Lavaconda de Chiapas. Durante a inauguración desta actividade humorística e solidaria a un tempo, o seu director, Iván Pardo, falou tamén do que siginfica este semana de "desclowntrol" na cidade. "O Festiclown é un festival para camiñar, unha proposta única que ninguen máis fai, un espacio único que recupera a tolemia. O Festiclown conxura discurso social e compromiso cunha alternativa de ocio de gran calidade. O Festiclown é un soño colectivo", dixo. Prado tamén lembrou que o obxectivo fundamental do festival é rirse un pouco máis do que o facemos habitualmente. "A Pontevedra roubáronlle o mar e hai que devolverllo en forma de risa. Que a xente faga do Festiclown un navío para surcar ese mard e risa", dixo. Hoxe volverá o "desclowntrol" á unha do mediodía óc casco vello e o teatro ás oito da tarde ó Principal.