
Tra-lo éxito de acollida do FestiCown 2000 en Pontevedra, tanto
polo público, como polos medios de comunicación, e ante a nosa invariable
necesidade de traballar pola cultura participativa e o desenvolvemento do
clown en Galicia, temos que presentarvos, unha vez máis, o programa do Festival
Internacional de Clown de Galicia.
Esta edición contará con máis cursos, máis actuacións de rúa, máis presencias
internacionais, e ademais cunha producción teatral propia. É a primeira vez
en Galicia que un festival señera através dun programa de formación,
unha obra "Cousas de mulleres" que xirará por todo o país para dar a coñece-lo
proxecto FestiClown, ademais de crear unha compañía estable de clown.
Como non podería ser doutra forma o festival volta a contar co FondoClown
solidario que se destinará á construcción dunha escola na Selva Lacandona no
corazón do estado de Chiapas (sureste mexicano).
Por último adiantarvos que nesta edición acontecerán pequenas sorpresas que
acabarán de darlle ese toque de tolemia que ten o mundo do clown á cidade
de Pontevedra.
Porque este ano FestiClown será Pontevedra e Pontevedra será FestiClown.
Pero este proxecto non podería ter lugar sen aposta decidida do Concello de
Pontevedra, o bon facer da xente que traballa no Teatro Principal e o Pazo
de Cultura, a colaboración especial dos artistas, e sobre todo a participación
ilusionada e ilusionante dos pontevedreses e as pontevedresas.
Mil risas máis.
Solidarízate coa risa.
Iván Prado
Director do FestiClown