O Clown como metáfora deste país, a risa como terapia contra os tempos actuais, a rúa como espacio para a democracia e a cultur@ctiva...
  Clowncursos
"Para profesionais", impartido por Carlo Colombaioni, cunha duración de 20 horas. Matrícula: 10.000ptas.
"Iniciación ó clown", impartido por Good Idea Company, cunha duración de 16 horas. Matrícula: 4.000 ptas.
  Certame de Clown de Galicia
Un espacio para facer o pallaso e ademais gañar unha contratación para as festas da Peregrina. Modalidades: espectáculo de rúa e interior.
  DesClowntrol nas rúas
Pasarrúas de clown, con tambores e correfocs, xunto con actuacións de humor e animación teatral, darán un mar de risa e cor ás rúas e prazas da cidade.
  Maraclown
Mostra profesional coa actuación de 6 compañías procedentes de diferentes puntos da xeografía europea.

Tódolos espectáculos serán gratuitos, agás a entrada á "Mostra Profesional", que custará 200 ptas por espectáculo. O diñeiro recadado será destinado ó FondoClown Solidario 2000 para a "Universidade Popular da Asociación de Madres de la Plaza de Mayo"