
Nós estamos ben contentos
do resultado global do festival.
O público encheu maioritariamente
os espectáculos. Na prensa tivemos bastantes seguimentos. Os asistentes ós cursos
transmitíronnos seus parabéns. A selección das compañías foi do noso
agrado. O Concello de Pontevedra, malia enfermar o concelleiro de Cultura, cumpríu
con todo o pactado. En definitiva, todo ben para ser a primeira vez.
Somentes nos queda concretar o próximo Festiclown (que será a edición nº19) para que todo sexa perfecto.

Queremos agradecer, en
primeiro lugar, a invitación da RGT para facermos este resumo, e sobre todo
á xente de Pontevedra:
Ó libreiro que sacou fotos
en tres dimensións dos correfocs; á señora que afeitou ó humorista Dani Perez
en frente á peregrina; ó paisano que reñiu co noso Chaplin-Minguella; o rapaz
que se meteu na fonte con Leo Bassi.
E sobre todo a estes vinte rapaces con menos de dez anos que asistiron a tódalas funcións do Principal cunha actitude adulta.
Por fin temos que lle agradecer a todo o persoal do Principal e do Auditorio a súa indispensable paciencia. E á Concellería de Cultura de Pontevedra por apostar nesta tolemia colectiva que foi o FestiClown.
Mil primaveras máis.
Iván prado:Director do FestiClown.